viernes, 1 de junio de 2012

REUNIÓN DE ALCALDES ESPAÑOLES E PORTUGUESES EN V.N. DE CERVEIRA PARA FALAR DA REVITALIZACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUES DO NORTE


Iacobus e Espaços Jacobeus, están a traballar conxuntamente na elaboración dun proxecto para a revitalización do "Camiño Portugués do Norte" o cal, segundo a Tradición, tería sido percorrido por a Raíña Santa Isabel.

O Camiño Portugués do Norte iniciase en Barcelos, sigue por Fragoso en dirección ao río Lima, que atravesa en Subportela para Cardielos ou na Passaxe de Geraz do Lima para Lanheses, segue para São João d'Agra (un dos mais antigos mosteiros portugueses), descende a Vilar de Mouros para despois chegar a Vila Nova de Cerveira onde, pasado o río Miño, percorre un itinerario que o leva a visitar os antigos mosteiros de Santa María de Tomiño e Santa María de Tebra, no concello de Tomiño, onde aínda se encontran a Igrexa da Virxe Peregrina, a Igrexa de Santiago de Estás e o topónimo "hospital". Despois sigue por Gondomar e Vigo antes de chegar a Redondela onde se volta a unir ao Camiño Portugués vindo de Valença do Minho.

O proxecto para o estudo, recoñecemento, sinalización e promoción deste histórico itinerario de peregrinación a Santiago de Compostela, solo é posible con o aval, a participación e o empeño dos municipios e entidades públicas e privadas, por onde sigue este itinerario.

Os Camiños Portugueses de Peregrinación a Santiago de Compostela son un importante patrimonio relixioso e cultural que importa dar a coñecer para a súa protección patrimonial. Estes Camiños, declarados hai 25 anos, Primeiro Itinerario Cultural Europeo por o Consello de Europa, son importantes para o desenvolvemento económico sustentábel das nosas localidades.

O proxecto de revitalización do "Camiño Portugués do Norte" será hoxe, xoves, dia 31 de Maio, nunha reunión de traballo que será realizada no Salón Nobre da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, con inicio ás 16.00 h.

Nesta reunión de traballo participan os municipios por onde transcorre este histórico itinerario: Barcelos, Viana do Castelo, Caminha e Vila Nova de Cerveira, así coma como Tomiño, Gondomar, Vigo e Redondela. Participan tamén na reunión as entidades de turismo da rexión.